Tuesday 07 de May de 2024

Cerdido organiza o XXIII Concurso de Contos en conmemoración do Día do Libro, que se celebra o 23 de abril


• O prazo para presentar os traballos finaliza o vindeiro 12 de maio

• Pódense presentar a través do correo electrónico cultura@cerdido.es, por correo postal (Felgosas, s/n, 15569, A Barqueira, Cerdido) ou presencialmente nas oficinas municipais.

O Concello de Cerdido organiza o XXIII Concurso de Contos de Cerdido en conmemoración do Día Internacional do Libro, que se celebra este domingo 23 de abril.

Para poder participar hai que escribir un conto, unja lenda ou unha historia sobre o Concello de Cerdido. Terán que ser obras inéditas e non premiadas con anterioridade, escritas preferentemente en galego.

O certame vai destinado a nenos e nenas de ata 14 anos e os traballos deberán ter unha extensión máxima de 4 folios Din A4.

Os orixinais pódense entregar ata o 12 de maio por tres vías diferentes. A través o correo electrónico cultura@cerdido.es, por correo postal (Felgosas, s/n, 15569, A Barqueira, Cerdido) ou presencialmente nas oficinas municipais.

O premio ao que optan os participantes será un lote de libros.